Dende o xoves 11 ó luns 29 de outubro de 2018 está aberto o prazo de inscrición da Liga e Copa de fútbol sala de Negreira para a tempada 2018/19. Unha tempada onde se espera que haxa tantos equipos como a campaña pasada.
A idea da organización e a facer unha Liga cun máximo de 20 equipos, tendo prioridade os equipos que participaron o ano pasado. Os días de competición son os luns, martes e xoves en horarios de 9:00 h, 9:45 h. e 10:30 h.
Debido a nova Lei do Deporte que obriga a estar asegurado para a práctica dun deporte organizado por un organismo oficial, cada xogador debe estar en posesión dun seguro que costa entre 20€ /38 € xogador.
Este seguro será tramitado pola organización da Liga de Futbol Sala á Real Federación Galega de fútbol.
Todos os equipos teñen que facer efectivo o ingreso de inscrición de 270 €, no numero de conta: IBAN: ES33 / 2080-0305-01-3110000021 (ABANCA) antes do 29 de outubro.
*O custe para poder participar na Liga de Futbol Sala é de 270 €+SEGURO INDIVIDUAL.
A reunión cos equipos será o marte 30 de outubro no Telecentro de Negreira (Na Casa de Cultura) as 21:00 h., nesta reunión hai que presentar a FOLLA DE INSCRICIÓN e o recibo de pago do Banco.
Esperamos ter unha tempada chea de éxitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario