miércoles, 12 de febrero de 2020

Disputadas as primeiras xornadas da Liga de Fútbol Sala




San Cristovo (Fontenla)

O equipo de Autoescola Antonio lidera a Liga de Fútbol Sala que organizan os Concellos de Santa Comba e Negreira. Venceu nos tres partidos que disputou, anotando 24 goles e recibindo catro. Séguenlle, con seis puntos, Pizzería Mamma Mia, Auto escola Mata, Talleres Arán, e MF Car. Os dous últimos xa disputaron catro partidos.

Na quinta xornada houbo un encontro suspendido pola condensación entre Mazaricos-Construcións Quintáns.

Talleres Arán superou ao Balsacar (5-0) con hat- trick de Juan José Arán. Xoiería Romar superou a Pizzería Mamma Miña (4-2), nun encontro que chegou con empate a dous tantos ao descanso, e Autoescola Mata gañou por 3 a 1 ao Juguetón. Disputáronse en Fontenla.

viernes, 10 de enero de 2020

Arrinca a Liga de Fútbol Sala de Santa Comba e Negreira


O fútbol sala volve aos concellos de Negreira e Santa Comba. O Museo Terra de Xallas de Santa Comba albergou este martes a presentación da Liga Local de Fútbol Sala, un acto ao que acudiron o alcalde de Santa Comba, David Barbeira; o rexedor de Negreira, M. Ángel Leis Míguez; os concelleiros de deportes de ambos os dous Concellos, Cristina Fajín do de Santa Comba e Iván Guardado do Concello de Negreira; e Pablo Prieto, máximo responsable do fútbol sala na Real Federación Galega de Fútbol; e Silvia Cancela, integrante da xunta directiva e portavoz da entidade que preside Rafael Louzán.
Nesta Liga Local de Fútbol Sala participarán un total de 13 equipos (8 do Concello de Santa Comba e 5 do Concello de Negreira ) e dará comezo este xoves día 9 de xaneiro. A competición disputarase nos Polideportivos de Fontenla (Santa Comba) e Pedra Mámoa (Negreira).
Ambos os alcaldes mostraron a súa gran satisfacción pola creación desta liga conxunta e agradeceron a aposta da Real Federación Galega de Fútbol.
O máximo responsable do 40x20 na Federación, Pablo Prieto, salientou a gran acollida que tivo por parte do Concello de Santa Comba esta proposta para dar a coñecer os novos proxectos de ligas sociais e recreativas que puxo en marcha a RFGF durante a presente campaña co obxectivo de chegar a diferentes colectivos da sociedade e recuperar as ligas tradicionais de Fútbol Sala de ámbito local en diferentes Concellos de Galicia.

viernes, 7 de junio de 2019

O Covas FT Gañador da Liga 2018/19

Covas FT gañador de Copa e Liga 2018/19
O equipo de Covas FT proclamouse vencedor da Liga de Fútbol Sala de Negreira, nesta tempada 2018/19.Nunha final moi disputada impúsoxe por 4 a 6 o equipo de Autoescola Antonio, nun partido marcado pola intensidade que marcou o desenlace do partido.

A pesar de que o equipo de Antonio presentábase como favorito o equipo de Covas foi quen de neutralizar o xogo do seu rival e acabar por impoñerse con rápidas contras.
Con esta victoria Covas FT logra o doblete o gañar a Liga e a Copa 2019.

Na final de consolación o equipo de Construccións Quintáns gañou o equipo de Castiñeiriño FS por un resultado de 6 a 3, despois de remontar o equipo verde un 2-3 co que se chegara o final da primeira parte.

Aut. Antonio Subcampión de Liga 2018/19 e gañador Fase Regular

Coa xornada de onte ponse punto e final a unha competición que quedou co seguinte cadro de honra:

COPA FÚTBOL SALA:

4º CLASIFICADO:  AUTOESCOLA ALVESPA (SANTA COMBA)
3º CLASIFICADO: AUTOESCOLA ANTONIO (NEGREIRA)
2º CLASIFICADO: AUTOESCOLA MATA (SANTA COMBA)
1º CLASIFICADO: COVAS FT (NEGREIRA)

LIGA DE FÚTBOL SALA:

4º CLASIFICADO: CASTIÑEIRIÑO FS
3º CLASIFICADO: CONST. QUINTÁNS
2º CLASIFICADO: AUTOESCOLA ANTONIO
1º CLASIFICADO: COVAS FT

Mellor xogador: Pedro Currais Mayo (Covas FT)
Máximo Goleador: Joaquín Becerra Blanco (Aut. Antonio)
Porterio Menos Batido: Mateo Couso Hortas (Aut. Antonio)

Para ver o cadro de Copa PINCHA AQUÍ



viernes, 31 de mayo de 2019

Playoffs Fútbol Sala Negreira 2019




O vindeiro xoves 6 de xuño coa celebración da Final desta Liga de Fútbol Sala 2018/19, porase o broche de ouro a unha tempada con dous equipos destacados; por un lado o equipo de Autoescola Antonio, gañador da Fase Regular e participante no Torneo Intermunicipal e por outro lado o equipo de Covas FT vencedor da Copa de Fútbol Sala Negreira-Santa Comba.

Para esta vindeira semana quedan unhas emocionantes semifinais que esperemos esten moi disputadas e teñamos unha gran final.

PLAYOFFS FÚTBOL SALA 2019

Martes 4 xuño:
Castiñeiriño-Covas FT       21:30 h
Aut. Antonio-C. Quintáns   22:30 h

Xoves 6 xuño:
3º e 4º POSTO                    21:30 h
GRAN FINAL                       22:30 h
ENTREGA TROFEOS         23:30 h 

             
REGULAMENTO:

A competición será de eliminatoria directa, pasando os vencedores a final.

En caso de chegar empatados o remate do tempo, tiraríanse 3 penaltis. Nos penaltis deberán tirar primeiro os 5 xogadores que estaban en pista o finalizalo encontro, incluído o porteiro.

Si un equipo non se presenta a un partido, contarase como 3-0 a favor do outro equipo e queda descalificado, pasará a seguinte fase o outro equipo.


Haberá trofeos para os 4  primeiros clasificados que serán entregados o xoves 6 de xuño durante as finais. Tamén se entregarán os trofeos de maximo goleador, porteiro menos goleado e mellor xogador da liga.

PREMIOS LIGA:

MAXIMO GOLEADOR: Joaquín Becerra Blanco (Autoescola Antonio)
PORTEIRO MENOS BATIDO: Mateo Couso Hortas (Autoescola Antonio)
MELLOR XOGADOR LIGA: Pedro Currais Mayo (Covas FT) 

 





lunes, 27 de mayo de 2019

Playoffs Fútbol Sala 2019


Torneo Intermunicipal Arzúa 2019

Autoescola Antonio

O equipo de Autoescola Antonio volveu para casa con un mal sabor de boca, xa que a pesar de facer un bo torneo, non puido pasar da primeira ronda no XXII Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, celebrado en Arzúa o pasado sábado 25 de maio.


A base do equipo era a mesma que o pasado ano alcalzara a Final no Torneo celebrado en Negreira, pero a mala sorte cebouse co equipo amarelo xa que lle tocou o "grupo da morte" na primeira ronda, onde estaba os outros favoritos, Arzúa e Santiago.

No primeiro partido contra Arzúa, viuse a un equipo que levou a iniciativa o de Negreira, contra un rival que soubo defender os ataques continuos e facer rápidos contrataques, que fixeron que foran capaces de poñerse por diante cun 2-0. Nos últimos minutos e co equipo de Negreira volcado na portería dos anfitrións, un erro sentenciou o resultado cun novo tanto a favor do equipo de Arzúa 3-0.
No seguinte partido contra Santiago, Negreira sempre estivo por diante no marcador, 1-0 e 2-1, pero o non ser capaz de marcar nas numerosas ocasións que tivo para ampliar a ventaxa, o rival foi quen de empatar e acabar gañando nos últimos minutos por 3-2.
O equipo de autoescola Antonio dende logo foi o equipo que desplegou o mellor fútbol sala do Torneo, con moita velocidade e cun xogo moi ofensivo....

Dar a noraboa o gañador SANTIAGO que se fixo co título e que se converteu no gañador desta edición.

GRUPO 1:
SANTIAGO
NEGREIRA
ARZÚA

GRUPO 2:
TORDOIA
VEDRA
SANTA COMBA

GRUPO 3:
TRAZO
TEO
FRADES

FASE DE GRUPOS:

SANTIAGO 2 - ARZÚA 1
TORDOIA 1- VEDRA 1
NEGREIRA 0 - ARZÚA 3
TRAZO 0 - TEO 6
TORDOIA 4 - SANTA COMBA 4
SANTIAGO 3 - NEGREIRA 2
TRAZO 3 - FRADES 5
VEDRA 0 - SANTA COMBA 8
TEO 3 - FRADES 3

SEMIFINAIS:
SANTIAGO 5 - SANTA COMBA 2
TEO 7 - FRADES 1

FINAL:
SANTIAGO 4 - TEO 2



lunes, 13 de mayo de 2019

Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Arzúa 2019


O sábado 25 de maio vaise a disputar o 22º Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala no Concello de Arzúa coa participación de 9 equipos. Os gañadores das Ligas locales de Santiago, Tordoia, Vedra, Trazo, Teo, Frades, Santa Comba, Arzúa e Negreira xogarán unha competición de tres grupos con tres equipos cada un, nos que pasarán a semifinais o gañador de cada grupo e o mellor 2º. O torneo queda da seguinte maneira:

GRUPO 1:
SANTIAGO
NEGREIRA
ARZÚA

GRUPO 2:
TORDOIA
VEDRA
SANTA COMBA

GRUPO 3:
TRAZO
TEO
FRADES

O equipo de Negreira "Autoescola Antonio", xogará no Pavillón de O Cruceiro o resto de equipos xogarán no Pavillón de O Viso.

Desexamos moita sorte o equipo de Negreira e que poida acadar o título, ánimo!!