Chegados a estas datas, dende o Concello de Negreira queremos Felicitar o Nadal os equipos participantes na Liga de Fútbol Sala de Negreira.
Unha competición onde os equipos Autoescola Antonio e Castiñeiriño parecen ser os rivais a bater nesta tempada. O equipo amarelo campión de Liga e Copa e Subcampión no Torneo Intermunicipal conta os seus partidos por victoria, e parece que vai a ser dificil poder gañarlle, aínda que sempre pode haber sorpresas. O resto de equipos intentará meterse entre os catro primeiros para poder acceder os Playoffs.
En canto a Copa de fútbol sala, o Concello xa tivo os primeiros contactos para volver a facela conxuntamente co Concello de Santa Comba, unha Liga que tamén conta con 9 equipos.
Boas Festas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario