Autoescola Antonio |
A base do equipo era a mesma que o pasado ano alcalzara a Final no Torneo celebrado en Negreira, pero a mala sorte cebouse co equipo amarelo xa que lle tocou o "grupo da morte" na primeira ronda, onde estaba os outros favoritos, Arzúa e Santiago.
No primeiro partido contra Arzúa, viuse a un equipo que levou a iniciativa o de Negreira, contra un rival que soubo defender os ataques continuos e facer rápidos contrataques, que fixeron que foran capaces de poñerse por diante cun 2-0. Nos últimos minutos e co equipo de Negreira volcado na portería dos anfitrións, un erro sentenciou o resultado cun novo tanto a favor do equipo de Arzúa 3-0.
No seguinte partido contra Santiago, Negreira sempre estivo por diante no marcador, 1-0 e 2-1, pero o non ser capaz de marcar nas numerosas ocasións que tivo para ampliar a ventaxa, o rival foi quen de empatar e acabar gañando nos últimos minutos por 3-2.
O equipo de autoescola Antonio dende logo foi o equipo que desplegou o mellor fútbol sala do Torneo, con moita velocidade e cun xogo moi ofensivo....
Dar a noraboa o gañador SANTIAGO que se fixo co título e que se converteu no gañador desta edición.
GRUPO 1:
SANTIAGO
NEGREIRA
ARZÚA
GRUPO 2:
TORDOIA
VEDRA
SANTA COMBA
GRUPO 3:
TRAZO
TEO
FRADES
FASE DE GRUPOS:
SANTIAGO 2 - ARZÚA 1
TORDOIA 1- VEDRA 1
NEGREIRA 0 - ARZÚA 3
TRAZO 0 - TEO 6
TORDOIA 4 - SANTA COMBA 4
SANTIAGO 3 - NEGREIRA 2
TRAZO 3 - FRADES 5
VEDRA 0 - SANTA COMBA 8
TEO 3 - FRADES 3
SEMIFINAIS:
SANTIAGO 5 - SANTA COMBA 2
TEO 7 - FRADES 1
FINAL:
SANTIAGO 4 - TEO 2
No hay comentarios:
Publicar un comentario