miércoles, 4 de marzo de 2020

Regulamento Fase Regular Liga Fútbol Sala

Equipo de El Juguetón
Regulamento:


O sistema de competición establécese da seguinte maneira:

Fase Regular:
Haberá enfrontamentos polo sistema de todos contra todos a unha volta. os sete primeiros clasificados xogarán o playoff polo título.
O que quede primeiro clasificado na fase regular pasará directamente a semifinais, os demáis terán que xogar unha eliminatoria para pasar a semifinais. Os enfrontamentos serán da seguinte maneira: 2º-7º, 3º-6º e 4º-5º.
Os seis últimos clasificados xogarán unha fase final de consolación, co sistema de dous grupos, que xogarán para clasificarse para a final B.

Playoffs Título:
En 1/4 de final os partidos serán a unha sóa eliminatoria. Os tres primeiros clasificados colocaranse en lados opostos da taboa e non se enfrontarán ata a final.

Semifinais Título:
Os partidos serán a partido único, entre os vencedores da eliminatoria de 1/4 de final.

Nos 1/4 de final en caso de que houbera empate o final dos 40 minutos, farase un lanzamento de penaltis (3 lanzamentos)

Nas semifinais e final de chegar empatados ó remate dos 40 min. haberá unha prórroga de 5 min., si persistira o empate lanzaranse penaltis (3 lanzamentos)

Nos penaltis deberán tirar primeiro os 5 xogadores que estaban en pista o finalizalo encontro, incluído o porteiro.

Si un equipo non se presenta a un partido, contarase como 3-0 a favor do outro equipo e queda descalificado.

Poderase fichar a 2 xogadores o remate da fase regular (antes do 20 de abril). As sancións de liga manteñense nos playoffs.

Haberá trofeos para os 4  primeiros clasificados que serán entregados o día e hora posto pola organización (pendente de confirmar). Tamén se entregarán os trofeos, maximo goleador, porteiro menos goleado,mellor xogador da liga e o equipo máis deportivo. Todos os equipos levarán un trofeo de participación.




O EQUIPO MELLOR CLASIFICADO DE NEGREIRA NOS PLAYOFFS REPRESENTARÁ A NEGREIRA NO TORNEO INTERMUNICIPAL DE VEDRA 2020 E O EQUIPO DE SANTA COMBA MELLOR CLASIFICADO REPRESENTARÁ A SANTA COMBA.

O TORNEO INTERMUNICIPAL DE VEDRA TERÁ LUGAR O SÁBADO 30 DE MAIO DE 2020. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario