Equipo de El Juguetón |
O sistema de
competición establécese da seguinte maneira:
Fase Regular:
Haberá
enfrontamentos polo sistema de todos contra todos a unha volta. os sete
primeiros clasificados xogarán o playoff polo título.
O que quede
primeiro clasificado na fase regular pasará directamente a semifinais, os
demáis terán que xogar unha eliminatoria para pasar a semifinais. Os
enfrontamentos serán da seguinte maneira: 2º-7º, 3º-6º e 4º-5º.
Os seis últimos
clasificados xogarán unha fase final de consolación, co sistema de dous grupos,
que xogarán para clasificarse para a final B.
Playoffs Título:
En 1/4 de final os
partidos serán a unha sóa eliminatoria. Os tres primeiros clasificados
colocaranse en lados opostos da taboa e non se enfrontarán ata a final.
Semifinais Título:
Os partidos serán
a partido único, entre os vencedores da eliminatoria de 1/4 de final.
Nos 1/4 de final en caso de que
houbera empate o final dos 40 minutos, farase un lanzamento de penaltis (3
lanzamentos)
Nas semifinais e final de
chegar empatados ó remate dos 40 min. haberá unha prórroga de 5 min., si
persistira o empate lanzaranse penaltis (3 lanzamentos)
Nos penaltis
deberán tirar primeiro os 5 xogadores que estaban en pista o finalizalo
encontro, incluído o porteiro.
Si un equipo non se presenta a
un partido, contarase como 3-0 a
favor do outro equipo e queda descalificado.
Poderase fichar a
2 xogadores o remate da fase regular (antes do 20 de abril). As sancións de liga manteñense nos
playoffs.
Haberá trofeos
para os 4 primeiros clasificados que
serán entregados o día e hora posto pola organización (pendente de confirmar).
Tamén se entregarán os trofeos, maximo goleador, porteiro menos goleado,mellor xogador da liga e o equipo máis deportivo. Todos os equipos levarán un trofeo de participación.
O EQUIPO MELLOR CLASIFICADO DE NEGREIRA NOS PLAYOFFS REPRESENTARÁ A NEGREIRA NO TORNEO INTERMUNICIPAL DE VEDRA 2020 E O EQUIPO DE SANTA COMBA MELLOR CLASIFICADO REPRESENTARÁ A SANTA COMBA.
O TORNEO INTERMUNICIPAL DE VEDRA TERÁ LUGAR O SÁBADO 30 DE MAIO DE 2020.