jueves, 4 de junio de 2015

O Bar Porto subcampión do Torneo Intermunicipal 2015


O equipo representante do CONCELLO DE NEGREIRA, o Bar Porto quedouse as portas de alzarse co título de campión do Torneo Intermunicipal 2015, celebrado o pasado fin de semana no Concello de Touro.

A pesar de contar con varias baixas, o equipo dou a cara e soupo sacar adiante os partidos, gañando contra os Concellos de Teo e Tordoia e perdendo contra Trazo na fase de grupos. Deste xeito pasaría como primeiro disputando a semifinal contra o anfitrión Touro. Neste partido o equipo de Negreira gañaría e pasaría a final onde o rival sería o Concello de Santa Comba.

Xa na final, nunha primeira parte con moitos erros o equipo Xalleiro poríase cunha diferencia de 5-0 o que parecía deixar todo resolto, pero a volta do descanso, gracias o esforzo do equipo logrou poñerse 5-4 pero un erro nos ultimos segundos, xa con porteiro xogador na pista, encaixaría o definitivo 6-4 que sería o resultado final.

A pesar das lesións, ausencia de xogadores por motivos laborais e do cansanzo acumulado nunha fin de semana con moitos partidos, o equipo dou a cara e logrou un segundo posto que mantén a Liga de Negreira entre as mellores.

Noraboa o equipo de Bar Porto!!

En canto os partidos de Copa esta semana estanse a disputar os partidos de 1/4 de final. O luns 8 de xuño serán as semifinais e o venres 12 de xuño a gran final e entrega de trofeos de Copa e de Liga.

En canto á  Liga 2014/15 recordamos como quedaron os galardóns:

1º CLASIFICADO: BAR PORTO
2º CLASIFICADO: CONTRUCCIÓNS QUINTÁNS
3º CLASIFICADO: VIAJES SANT YAGO
4º CLASIFICADO: CLÍNICA SANDÁ

- MELLOR XOGADOR: FELIX QUINTELA (BAR PORTO)
- MÁXIMO GOLEADOR: ADRIÁN BALIÑO (CLINICA SANDÁ)
- PORTEIRO MENOS BATIDO: HUGO CABANA (VIAJES SANT YAGO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario