martes, 16 de junio de 2015

Multiópticas Fagín campión de Copa 2015

MULTIÓPTICAS FAGÍN

O equipo de Multiópticas Fagín, fíxose co título de Copa 2015, nunha final onde se atopou máis acertado que o seu rival o equipo de Autoescola Antonio.
A pesar de facer un campionato de Liga moi irregular, na Copa foron moi competitivos e deixaron na cuneta a equipos moi fortes, o que lle permitiu, por méritos propios o pase á final.

En canto a final, o tanteador final foi de 3 a 1. 
No partido polo terceiro e cuarto posto o equipo de O Noso Lar gañou con solvencia o equipo de Stage Street que chegou con algunhas baixas a este partido, o resultado foi de 7 a 2 para o equipo verde.

Despois dos dous partidos fíxose a entrega dos trofeos de Copa e Liga, a continuación resumimos o podium final:

COPA DE FÚTBOL SALA 2015:

4º CLASIFICADO: STAGE SREET
3º CLASIFICADO: O NOSO LAR
2º CLASIFICADO: AUTOESCOLA ANTONIO
1º CLASIFICADO: MULTIÓPTICAS FAGÍN

LIGA DE FÚTBOL SALA 2015:

4º CLASIFICADO: CLÍNICA SANDÁ
3º CLASIFICADO: VIAJES SANT YAGO
2º CLASIFICADO: CONSTRUCCIÓNS QUINTÁNS
1º CLASIFICADO: BAR PORTO 

MÁXIMO GOLEADOR: ADRIÁN BALIÑO (CLINICA SANDÁ)
PORTEIRO MENOS BATIDO: HUGO CABANA (VIAJES SANT YAGO)
MELLOR XOGADOR: FELIX QUINTELA (BAR PORTO)

POR ESTE ANO DAMOS POR REMATADO A LIGA E COPA DE FÚTBOL SALA DE NEGREIRA 2015, GRACIAS A TODOS OS EQUIPOS PARTICIPANTES E ATA A VINDEIRA TEMPADA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario