lunes, 25 de mayo de 2015

O equipo de Bar Porto campión da Liga de Fútbol Sala 2014/15



Bar Porto alzouse co título de campión na Final dos Playoffs 2015, no partido celebrado o pasado venres 22 de maio, contra o equipo de Construccións Quintáns.

O encontro foi moi igualado e tivo constantes alternativas: comenzou marcando o equipo de Quintáns, pero o equipo de Bar Porto logrou darlle a volta para poñerse 2-1. Na segunda parte o equipo de Quintáns volveu a variar o marcador acadando o 2-3, pero finalmente Bar Porto conseguiría o empate e máis tarde o 5-3 final que o fixo gañar por primeira vez o título de Liga.

No partido polo terceiro e cuarto posto, imporíase Viajes Sant Yago por 4-2 a Clínica Sandá.

Para ver os resultados dos Playoffs PINCHA AQUÍ.

Deste xeito, o Bar Porto vai a ser o equipo que represente o CONCELLO  DE NEGREIRA, no Torneo Intermunicipal do vindeiro sábado 30 de maio en Touro.

¡ Moita sorte !

No hay comentarios:

Publicar un comentario