viernes, 7 de febrero de 2014

O 17 de febreiro comenza a segunda parte da Liga de Fútbol sala de Negreira


Rematada a primeira parte da Liga de Fútbol Sala, xa temos os doce equipos  que van a disputar o título de Liga que comenzará o vindeiro 17 de febreiro.

Os equipos que van a conformar este grupo son:
1.- BAR PORTO
2.- LA CREMA
3.- ONS F. S.
4.- VIAJES SANT YAGO
5.- AUTOESCOLA ANTONIO
6.- CAFETERÍA O COTÓN
7.- CARPE DIEM
8.- CARPINTERÍA BARCALA
9.- CARPE DIEM F.S.
10.- CERVECERÍA A LIGA
11.- CONSTRUCCIÓNS QUINTÁNS
12.- CAFETERÍA BENNY FHU 3.0


Todos eles xogarán polo sistema de "todos contra todos" a unha volta, sendo o gañador da Liga 2013/14 o que acade o primeiro posto na clasificación final. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.

O resto de equipos xogarán un título B, onde haberá trofeos para os tres primeiros clasificados.

Tamén haberá trofeos para o mellor xogador, porteiro menos batido e máximo goleador. (computarase os datos da primeira fase da Liga).

Recordar a todos os equipos que se poden realizar 2 fichaxes, sempre e cando non se exceda dos 12 xogadores, e que non poden ser xogadores de outros equipos da Liga de Negreira.

Para dar de alta xogadores, os equipos deberán presentar a fotocopia do D.N.I. antes do 2º partido de Liga.

O equipo gañador representará a Negreira no TORNEO INTERMUNICIPAL DE FUTBOL SALA no mes de maio.

Para ver o calendario da 2ª Fase da Liga PINCHA AQUÍ.



No hay comentarios:

Publicar un comentario