jueves, 10 de abril de 2014

Ultimo tercio da Liga de fútbol sala de Negreira

Xa queda menos para saber quen vai a ser o gañador desta edición da Liga de Fútbol Sala de Negreira.

Despois de varios meses de competición, o título de Liga está máis aberto que nunca e ata as derradeiras xornadas non se vai a saber que é o campión.
A diferencia entre o último é o primeiro é de só 7 puntos, polo que calquer tropezo dos de arriba pode catapultar os equipos da parte inferior. Espérase un final de Liga moi igualado.

Pola contra, no Título B hai tres equipos destacados: O Barranco, R.C.A. FS e O Noso Lar, que seguramente se van a xogar o campionato de consolación.

Recordamos que o XVII TORNEO INTERMUNICIPAL DE FUTBOL SÁLA, que este ano se vai a celebrar no concello de Teo, vai a ter lugar os días 31 de maio e 1 de xuño.

Moita sorte a todos.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario