lunes, 20 de enero de 2014

Tramo final da Fase Regular

A menos dun mes para o remate da Fase Regular da Liga de Fútbol Sala de Negreira 2013/14, xa se empeza a vislumbra as posicións dos equipos para a segunda parte da Liga.

A segunda fase será da seguinte maneira:
1.- Os seis primeiros clasificados da Fase Regular nos dous grupos pasarán a disputar o título, partindo de cero na puntuación, esta Fase comenzará a primeiros  de febreiro e será polo sistema de todos contra todos a unha volta.
O Campión desta segunda fase será o gañador da Liga 2013/14, tamén haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.
2.- O resto de clasificados xogará o título B, todos contra todos a unha volta, para dilucidar as posicións finais.
3.- Para esta segunda Fase, os equipos poderán facer dúas fichaxes, sempre sin superar as 12 fichas, e non podendo escoller xogadores que participaran noutros equipos desta Liga.
4.- O gañador da Liga representará a Negreira, no Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala no mes de xuño.
5.- Os dous primeiros clasificados da Fase Regular en cada grupo será cabeza de serie na Copa 2014, que terá lugar no mes de maio.
6.- Tamén haberá trofeos o mellor xogador, máximo goleador e porteiro menos batido( todos eles do grupo que dispute o título)

No hay comentarios:

Publicar un comentario