O equipo de Autoescola Antonio, a falta de dúas xornadas para o remate da Fase Regular de fútbol sala de Negreira, proclamouse campión de Liga con autoridade,con tan só un partido perdido.
O equipo amarillo que aventaxa en 6 puntos ao segundo clasificado o equipo de Merlego FS, faise por primeira vez gañador despois de varios anos disputando a Liga de Fútbol Sala de Negreira.
O sábado 19 de maio será o representante de Negreira no Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que se vai a disputar no noso Concello.
Desexámoslle moita sorte neste torneo, e ogallá logre acadar o primerio posto.
Noraboa!
Playoffs 2018:
MAIO:
Xoves 24: 1º CLASIFICADO - 4º CLASIFICADO 21:00 h
2º CLASIFICADO - 3º CLASIFICADO 22:00 h
Luns 28: 3º e 4º POSTO 21:00 h
GRAN FINAL 21:50 h
ENTREGA TROFEOS 23:00 h
REGULAMENTO:
O Sistema de Competición establécese da seguinte maneira:
Semifinais e Finais:
En caso de que houbera empate o final do partido, haberá unha prorroga de 5 min. Si persistira o empate, faríase un lanzamento
de penaltis (3 lanzamentos)
Nos penaltis deberán tirar primeiro os 5 xogadores que estaban en pista o
finalizalo encontro, incluído o porteiro.
Si un equipo non se presenta,
contarase como 3-0 a
favor do outro equipo e queda descalificado.
Haberá trofeos para os
4 primeiros clasificados que serán
entregados o luns 28 de maio durante as finais. tamén se entregarán os trofeos de liga, maximo goleador, porteiro menos goleado e mellor xogador da
liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario