Dende o pasado 20 de setembro e ata o 09 de outubro está aberto o prazo de inscrición da Liga e Copa de fútbol sala de Negreira. Unha tempada onde se espera que haxa tantos equipos como a campaña pasada.
A idea da organización e a de levar a cabo unha Liga cun número similar de participantes (20 ou 22), xa que así se xogarán un partido por semana. Os días de partidos este ano van a ser luns, marte, mércores e xoves en horarios de 9:00 h, 9:45 h. e 10:30 h.
Os equipos que xogaron o ano pasado teñen prioridade e no caso de que haxa plazas, serán cubertas con equipos de nova incorporación que estén en lista de espera.
Todos os equipos teñen que facer efectivo o ingreso de inscrición de 270 €, no numero de conta: IBAN: ES33 / 2080-0305-01-3110000021 (ABANCA) antes do 10 de outubro.
A reunión cos equipos será o venres 10 de outubro no Telecentro de Negreira (Na Casa de Cultura) as 21:00 h., nesta reunión hai que presentar a FOLLA DE INSCRICIÓN e o recibo de pago do Banco.
Esperamos ter unha tempada chea de éxitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario