viernes, 27 de abril de 2018

Copa Futbol Sala

Equipo de Pizería Mama Mia (Gañador Liga de Santa Comba)
Debido o acordo entre o Concello de Santa Comba e o Concello de Negreira para realizar conxuntamente a Copa de Fútbol Sala 2018, no que se enfrentarán os equipos das dúas Ligas, vémonos na obriga de aprazar os PLAYOFFS 2018, para comenzar o luns 30 coa Copa 2018.
Neste Torneo, que se vai a disputar nos Pavillóns de Pedra Mámoa (Negreira) e de Fontenla (Santa Comba), queremos dar un aliciente os equipos para xogar unha competición na que poderán enfrontarse a equipos novos.

O sistema de competición será da seguinte maneira:
1.- FASE PREVIA: Van a disputala os equipos peor clasificados nas súas respectivas Ligas.
2.- 1/8 de FINAL: Xogarán os primeiros, segundos e terceiros clasificados das dúas Ligas, e os equipos gañadores dos enfrentamentos da Fase Previa.
3.- 1/4 de FINAL
4.- SEMIFINAIS
5. FINAIS E 3º E 4º POSTO



NORMAS XERAIS

  • Sistema de competición: 22 equipos, por eliminatorias.
  • Outorgaranse premios aos 4 primeros clasificados.
  • Todos os partidos xogaranse cas mesmas directrices utilizadas no Torneo de Liga Local de Fútbol Sala.
  • Os enfrontamentos serán a partido único, en caso de empate, ó final do partido:
1º- Tanda de 3 penaltis.
2º- Primeiro que falle.
  • Nas semifinais haberá:
1º Prórroga de 5 minutos.
2º- Tanda de 3 penaltis.
3º- Primeiro que falle.
  • A final e o 3º y 4º posto, así como a entrega de trofeos, do Torneo de Copa 2018 están programadas para o Sábado día 12 de maio, a partir das 18.30h. No Pavillón de Fontenla (Santa Comba)


Para ver os horarios da Fase Previa e 1/8 de Final PINCHA AQUÍ

Para ver o cadro de Copa PINCHA AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario