lunes, 16 de abril de 2018

Autoescola Antonio Campión da Fase Regular


O equipo de Autoescola Antonio, a falta de dúas xornadas para o remate da Fase Regular de fútbol sala de Negreira, proclamouse campión de Liga con autoridade,con tan só un partido perdido.

O equipo amarillo que aventaxa en 6 puntos ao segundo clasificado o equipo de Merlego FS, faise por primeira vez gañador despois de varios anos disputando a Liga de Fútbol Sala de Negreira.
O sábado 19 de maio será o representante de Negreira no Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que se vai a disputar no noso Concello.

Desexámoslle moita sorte neste torneo, e ogallá logre acadar o primerio posto.
Noraboa!

Playoffs 2018:

MAIO:
Xoves 24:   1º CLASIFICADO - 4º CLASIFICADO  21:00 h
                   2º CLASIFICADO - 3º CLASIFICADO  22:00 h 


Luns 28:     3º e 4º POSTO             21:00 h
                   GRAN FINAL             21:50 h
                   ENTREGA TROFEOS 23:00 h


REGULAMENTO:

O Sistema de Competición establécese da seguinte maneira:

Semifinais e Finais:
En caso de que houbera empate o final do partido, haberá unha prorroga de 5 min. Si persistira o empate, faríase un lanzamento de penaltis (3 lanzamentos)

Nos penaltis deberán tirar primeiro os 5 xogadores que estaban en pista o finalizalo encontro, incluído o porteiro.

Si un equipo non se presenta, contarase como 3-0 a favor do outro equipo e queda descalificado.


Haberá trofeos para os 4  primeiros clasificados que serán entregados o luns 28 de maio durante as finais. tamén se entregarán os trofeos de liga, maximo goleador, porteiro menos goleado e mellor xogador da liga.





No hay comentarios:

Publicar un comentario