martes, 1 de marzo de 2016

Ultimo tercio da Liga



A Liga de fútbol sala de Negreira está chegando a parte máis decisiva da tempada, con 12 equipos con posibilidades reais de meterse entre os oito equipos que dan dereito a xogar os PLAYOFFS polo título. O gañador da Liga nesta edición, tamén representará a Negreira no XIX TORNEO INTERMUNICIPAL DE FÚTBOL SALA, que se celebrará os días 28 e 29 de maio en Tordoia.

Tamén empezan a destacar o máximo goleador da Liga, onde Joaquín Becerra (Rest. Dantaño)  e Antonio Almón (V. Sant Yago) están a pelexar polo primeiro posto. En canto o equipo menos goleado  Casa Gasamáns e V. Sant Yago son os dous equipos que obstentan este galardon cunha ampla ventaxa.

A Partir desta semana tamén queremos que votedes polo MELLOR XOGADOR DA LIGA. Podedes facelo a través da enquisa publicada nesta paxina ou enviando un email a alvaro.lira@concellodenegreira.es

2 comentarios: