lunes, 18 de enero de 2016

Aberto o prazo de fichaxes

Dende hoxe 18 de xaneiro ata o xoves 4 de febreiro estára aberto o prazo de fichaxes para a Liga de Fútbol Sala 2015/16 do Concello de Negreira.

Durante este periodo os equipos poderán facer dúas incorporacións, sempre e cando non superen as 12 fichas. Os xogadores non poden ser futbolistas que competiran noutros equipos da Liga de Negreira esta tempada, e para dalos de alta terán que entregar a fotocopia do D.N.I. na mesa de Control.

Esta vai a ser a única oportunidade de fichar ata o final de Liga, polo que se recomenda ós equipos que fagan as incorporacións oportunas para poder sobrepoñerse as distintas lesións que están a sufrir moitos dos conxuntos.


- DATAS PARA FICHAR: 

LUNS 18 XANEIRO ATA XOVES 4 DE FEBREIRO.

- NÚMERO DE XOGADORES:

2 FICHAXES MÁXIMO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario