lunes, 18 de mayo de 2015

Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala 2015



O Concello de Negreira no sorteo celebrado o pasado mércores 13 de maio, quedou encadrado no Grupo 2:, cos equipos dos Concellos de Tordoia, Trazo e Teo. Os outros grupos quedaron da seguinte maneira; Grupo 1: Touro, Outes, Ordes e Santa Comba e o Grupo 3: Frades, Arzúa e Vedra.
Pasarán a semifinais os gañadores de cada grupo, e os segundos clasificados xogarán entre eles para saber quen será o cuarto semifinalista.
O primeiro partido do equipo representante do Concello de Negreira será ás 10:30 h. contra Tordoia.

Os partidos serán os días 30 e 31 de maio no Concello de Touro.

En canto o representante da Liga de Negreira, o gañador saberase o vindeiro venres, xa que despois dos partidos de 1/4 de final, pasaron a semifinais os favoritos a excepción do equipo de Construccións Quintáns que se colou entre os catro mellores.

Os cruces de Playoffs 2015 quedan da seguinte maneira:

Luns 18:  
Viajes Sant. Yago - Bar Porto 21:00 h.
Clinica Sandá - Const. Quintáns 22:00 h.

Mércores 20:
Const. Quintáns - Clinica Sandá 21:00 h.
Bar Porto - Viajes Sant Yago 22:00 h.

Venres 22:
3º e 4º Posto  21:00 h.
FINAL          22:00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario