lunes, 12 de mayo de 2014

TORNEO INTERMUNICIPAL DE FÚTBOL SALA



Os vindeiros 31 de maio e 1 de xuño vai a ter lugar o XVII TORNEO INTERMUNICIPAL DE FUTBOL SALA, que se vai a celebrar no Concello de Teo.
O pasado xoves 8 de maio, tivo lugar o sorteo do torneo e quedou da seguinte maneira:

GRUPO 1:
Frades
Outes
Ordes
Arzúa

GRUPO 2:
Santa Comba
Vedra
Touro

GRUPO 3:
Tordoia
Negreira
Teo

O representante de Negreira xogará o seu primeiro partido no Pavillón dos Tilos, sendo o primeiro encontro ás 12:30 h. e o segundo no Pavillón de Calo as 16:30 h.
Pasarán a primeira ronda os primeiros clasificados de cada grupo e o mellor segundo, que sairá do gañador nun triangular que se disputará a partir das 19:00 h.

O medio día todos os equipos terán un xantar de confraternidade no Restaurante "Portico", e para o domingo quedarán as semifinais e finais a partir das 9:30 h.

A falta de tres semanas para o remate da Liga, todavía non está claro cal será o equipo que represente a Negreira neste torneo, xa que hai varios equipos con posibilidades de gañar a Liga. Moita sorte a todos neste tramo final.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario